Vilalba é unha vila a 34 Km da capital (Lugo). Conta con 15.455 habitantes. Unha das festas máis populares case de toda Galicia é a feira do capón. Esta feira é moi importante para a economía de Vilalba xa que atrae a moitas persoas, cada vez máis persoas desexan montar unha granxa de capóns.

O queixo de
San Simón é fabricado por leite de vaca cruda ou pasteurizada. Despois de callar o leite, córtase a callada en grans de 5 a 12 mm de diámetro.
Este queixo é moi coñecido en Vilalba e fóra dela, grazas a xente que se preocupou por que fora coñecido internacionalmente.
A queixería é un importante sector en Vilalba xa que se celebra unha feira no seu honor onde se venden queixos de outras fábricas, o que atrae a bastantes persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario