viernes, 26 de febrero de 2010

Tomar decisións, actividade 13


1ª Unha tenda de informática:

A nós gustaríanos montar unha tenda de informática, xa que hai poucas, así as persoas non terían que ir a Lugo xa que en Vilalba só hai unha ou dúas e son de tamaño moi reducido. Así incrementaríase a venda de material informático e todas as persoas terían aceso, coma as persoas maiores.Gustaríanos montar unha tenda de informática xa que a nós nos gusta moito a informática.
Pola contra non podería ser rentable porque a xente non lle gustara, polo que non sería rentable xa que o mellor lles gusta máis ir Lugo xa que tería máis variedade de productos.

2ª Un cine :

Gustaríanos poñer un cine, xa que en Vilalba non hai ningún, así as persoas interesadas en ver unha película no cine non terían que ir a Lugo nin á Coruña. Tamén melloraría a situación económica de Vilalba xa que ás persoas dos arredores tamén virían ver as películas que sairían no cine. Así tamen poderíamos ver películas en 3D.
Pola contra a xente de Vilalba viría ó cine pero sen non viñera máis xente que a de Vilalba non sería rentable, xa que se precisan máis clientes que os desta vila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario