jueves, 20 de mayo de 2010

Buscando información para emprender en vilalba, actividade 19


-Paso 1: Escribe o teu plan de negocio
Un bo plan de negocio é a clave para que a empresa funcione. Non só permitirache establecer o que necesitas para pór en marcha o negocio, senón que axudarache a convencer aos investidores de que vale a pena crer na túa idea.Atoparás consellos para redactar un plan de negocio en moitas páxinas web.
-Paso 2: Feixe un estudo de mercado
Un estudo de mercado é fundamental. Para que o negocio funcione, débese saber se hai posibles clientes para o produto ou servizo que pretendes comercializar.
-Paso 3: Consegue financiamento
Cun plan de negocio eficaz e boas posibilidades de introducirse no mercado, obter financiamento serache fácil. As fontes de financiamento posibles son os bancos, financeiros, familiares e amigos.
-Paso 4: Contrata a un contable
Para levar a contabilidade do negocio necesitarás moito tempo, que en realidade poderías dedicar a montar a empresa. O mellor é contratar a un contable, que tamén che dará consellos de tipo financeiro e asesoramento sobre as cuestións máis básicas, como controlar o fluxo de caixa e administrar as finanzas diarias.
-Paso 5: Decide a túa situación legal
Pídelle consello ao teu contable nesta materia. En moitos países, a situación legal determina a cantidade e o tipo de impostos que se deben pagar. Tamén debes considerar se convénche constituír unha sociedade.
-Paso 6: Perfecciona o teu produto ou servizo
Debes facer todo o posible para que o teu produto ou servizo estea preparado para comercializarse, é dicir, que cumpra os requisitos legais de calidade e que non falle antes de tempo.Tamén debes considerar como engadir valor ao produto ou servizo para que os clientes repitan. Emprega o estudo de mercado que realizases para establecer a estrutura de prezos máis beneficiosa, pero sen exceder os límites aceptables dentro do mercado.
-Paso 7: Busca local, oficina, taller ou almacén
Aquí hai que considerar moitos factores, sobre todo o equilibrio entre un aluguer aceptable e unha localización conveniente. Tamén debes ter en conta os equipos e o software que necesitas. E non te esquezas dos detalles máis obvios, como a conexión a Internet.
-Paso 8: Crea unha marca
Debes escoller un nome para a empresa, porque as posibilidades limítanse a aqueles nomes que non utilicen xa outras empresas e ás direccións de Internet que aínda estean dispoñibles.Unha vez elixido o nome, debes aplicalo aos distintos artigos de papelería comercial.
-Paso 9: Contrata o persoal
Nos diarios locais atoparás persoal. Para algúns cargos podes dirixirche a empresas de selección de persoal, pero debes ter en conta o seu custo.Cando escribas o anuncio de traballo debes resaltar os aspectos positivos do cargo.
-Paso 10: Pon en marcha unha campaña de mercadotecnia
Hai poucas empresas que poidan gastarse grandes cantidades de diñeiro en publicidade.Aproveita as vantaxes de Internet: deseña unha páxina web e asegúrache de que apareza nos motores de procura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario